Ó SEU PASO POR OROSO
A Ponte Sigüeiro, posiblemente o elemento máis emblemático do Concello de Oroso, foi construida sobre o Rio Tambre ou Tamara, tal e como aparece en varios mapas do século XVIII. Tambre, que ten a raiz "Tam", significa correr, fluir, cara o mar, máis tamén podemos aplicálo ós romeiros, que dende moi lonxe corren cara a Compostela para encontrarse co seu benefactor. Un dos arcos desta ponte foi mandado construir por Fernán Pérez de Andrade no século XIV. A Ponte Sigüeiro foi testemuño mudo de moitos acontecementos históricos, dende os sucedidos por disputas nobiliarias, ata as batallas protagonizadas por Solís a mediados do século XIX.
0 comentarios